O PP de Sarria critica o estado no que se atopa o parque do Chanto
Dende o Partido Popular de Sarria denuncian o estado no que se atopa actualmente o parque do Chanto, unha zona verde a carón do río Sarria, onde se sitúan as piscinas municipais, zonas deportivas, merendeiros, restaurantes e un parque infantil, epicentro da vida veraniega de Sarria, cheo de nenos e familias.
Así pois, dende o PP sinalan o abandono total no que se atopa, con verxas que continúan con furados dende fai máis de dous ano, coa presa abandonada e o río sucio, con varandas do paseo que están caendo e cun árbol que caeu e que continúan sen ningunha medida de seguridade.
Por estas razóns, dende o Partido Popular consideran Sarria como o pobo máis abandonado do Camiño Francés.
Ademais, tamén critican o estado no que se atopa o Oural, segundo núcleo urbán do Concello de Sarria "mediados de xullo, festas do traballo, aínda que este ano sexa en familia. Pareceralles razoable aos gobernantes locais seguir a cobrar impostos de solo urbano, tal e como ten o goberno de Claudio Garrido e os Camiña o Oural? Tras ver esta semana como teñen moitas rúas, como teñen o Chanto, vemos Oural, e así todo o Concello de norte a sur. Non hai dereito..."