O PP de Sarria defende que Ferreiros decida sobre o abastecemento da auga
SarriaXa
O Pleno Municipal de Sarria non aprobou a moción do PP na que defendían que os veciños de Ferreiros decidiran sobre o abastecemento de auga.
8 Jun 2021
O Pleno Municipal de Sarria non aprobou a moción do Partido Popular na que defendían "a vontade dos veciños de Ferreiros de continuar cun abastecementos de auga propio, coma levan a facer dende hai moitos anos".
"O Concello de Sarria anunciou a través dos medios públicos a súa intención de dotar de auga a parroquia de Ferreiros, sustituíndo o abastecemento veciñal actual, polo público municipal, algo que se atopou cunha clara oposición por parte dos veciños da parroquia" defenderon dende o Partido Popular.
Así pois, dende a fomación instaron ao alcalde e ao goberno de Camiña Sarria "a rectificar a súa vontade de deixar á parroquia de Ferreiros sen o abastecemento veciñal e, por tanto, dar marcha atrás en dito proxecto, algo que non se fixo".