O PP de Sarria denuncia a privatización do servizo eléctrico

SarriaXa
Dende o Partido Popular de Sarria denuncian a privatización do servizo eléctrico público municipal que realizou o Concello.
20 Jun 2021

Dende o Partido Popular de Sarria denuncian a privatización do servizo eléctrico público municipal que realizou o Concello.

Así pois, defenden que os problemas ocasionados polo servizo eléctrico ocorren en moitas parroquias, a última foi en Ferreiros, onde os veciños quedaron sen luz. "O problema é que antes os veciños deixaban o aviso telefónico no Concello e o servizo eléctrico municipal arranxaba a avaría. Trala privatización do ano pasado, coa que estamos radicalmente en contra, a empresa adxudicataria é de Valencia", sinalan.

"Privatizaron o servizo eléctrico público municipal a unha empresa foránea por 20 millóns de euros, durante 20 anos", resumen.

Ademais engaden que "a xente está sin luz días pero o Concello paga igual o canon de consumo coma si se consumise igual".

0.15362906455994