O PP de Sarria denuncia que o Concello non conta con brigadas de incendios
O Partido Popular de Sarria denuncia que o Concello non conta na actualidade con brigadas de prevención e loita contra os incendios. Así pois, chegou o verán e Sarria, según o PP, perdeu a maior parte da subvención para este tipo de contratacións.
Ademais, engaden que "estas brigadas non só apagan incendios forestais senón que tamén fan labores de prevención, limpeza e roza de espazos públicos. Este tipo de custos son asumidos na súa maioría pola Xunta de Galicia e dende o Concello só pediron a axuda para conductor de motobomba".
Así pois, tamén sinalan que "non contratan a xóvenes Sarriáns que están no paro porque non lles da a gana, nun Concello con preto de mil parados. Agardamos que non haxa un incendio forestal estes meses que remate nunha desgraza".
Para concluír, defenden que en outros concellos coma O Incio xa se seleccionaron persoas para as brigadas a diferenza de Sarria.