O PP de Sarria deu a coñecer a súa candidatura durante a Mostra Agrogandeira San Isidro Labrador de Sarria

SarriaXa
O Partido Popular de Sarria deu a coñecer a súa candidatura durante a Mostra Agrogandeira San Isidro Labrador de Sarria
PP Sarria
8 Maio 2023

O Partido Popular de Sarria presentou a súa candidatura de forma pública este domingo coa presenza do conselleiro do Medio Rural, José González, durante a XXXIII Mostra Agrogandeira San Isidro Labrador que tivo lugar este fin de semana en Sarria.

A lista, liderada por Carmen López, ten como obxectivo recuperar Sarria apostando polo rural, e defenden que a candidatura é "unha rexeneración consensuada e ilusionante para todos, un equipo con novas incorporacións pero que suma tamén a experiencia de concelleiros da actual corporación e a reincorporación".

Ademais da propia cabeza de lista, que se estrea en política despois de acumular experiencia na representación e xestión no ámbito do asociacionismo, forman parte dos primeiros postos dous concelleiros que xa estiveran en lexislaturas anteriores, Ricardo Arias Alvaredo e Marcos López Sánchez.

Pola súa parte, cinco dos dez primeiros postos na candidatura son ocupados por persoas que non concurriron antes en ningunha lista electoral e nos postos 15 e 17, hai dous exconcelleiros: Manuel Valiña López e Fernando Carlos Rodríguez Pérez, este último actual presidente do Partido Popular de Sarria.

“Representamos un proxecto ilusionante para sacar a Sarria da parálise e o estancamento apostando por unha etapa afastada do clima de crispación que caracterizou a política sarriá durante as últimas lexislaturas, nas que o PSOE e Camiña Sarria se deberon máis aos egos dos seus representantes que ao interese da vila e da súa cidadanía”, sinala Carmen José López.

A candidata agradece o respaldo de todo o partido, destacando que proxecto é moito máis amplo que os 22 integrantes da candidatura. “Hai moitísima xente traballando para que o 28M en Sarria se volva a falar de construir, de medrar e do futuro próspero que merece a nosa vila”, finaliza a candidata popular.

 

José González destacou que "hai que poñer en valor o traballo que levan a cabo os grupos de desenvolvemento rural. Aquí en Sarria temos un exemplo como foi a rehabilitación dun edificio para cinco vivendas de aluguer social; un proxecto que contou cunha axuda do Leader de case 120.000 euros e que repercute directamente na calidade de vida dos nosos veciños”, salientou José González.

Na lista están representados distintos sectores e territorios de Sarria”, atopándose as seguintes persoas: Carmen José López Rodríguez, Ricardo Arias Alvaredo, Diana García García, Marcos López Sánchez, Jesús Rodríguez Martínez, Mirian Losada Pereiro, José Manuel Fernández González, María Isabel López Valiña, María José Melle Rivas, Pablo Díaz Pradeda, Laura López López, Martín Páramo Fernández, Juana Angelina Rodríguez Rodríguez, Rafael López Fernández, Manuel Valiña López, Albina Vilariño Martínez e Fernando Carlos Rodríguez Pérez.

0.17631912231445