O PP de Sarria esixe ao Concello soluciones urxentes con respecto á recollida de lixo

O Partido Popular de Sarria esixe ao Goberno local a que actúe con urxencia para poñer fin á "grave situación" do servizo de recollida do lixo, "un servizo esencial que leva anos en precario debido á inexistencia dun contrato en vigor e á falta de solución por parte do Concello", critican os populares.
Así, din que "ao abandono continuado, á escaseza e mal estado dos colectores, e á acumulación de lixo nas rúas súmase agora un novo problema: o cambio de horario na recollida, que pasa a coincidir nalgúns momentos con pleno horario punta, xerando tapóns no tráfico e atrasos nos traxectos, como xa se puido algún días nos que o tránsito e parada dos camións coincidiu con horas habituais de traslado para o inicio da xornada laboral e outras franxas horarias de tráfico intenso".
O novo horario, sosteñen, "está a provocar atascos, colapsos circulatorios e o bloqueo de rúas principais en momentos clave do día, xerando importantes prexuízos á mobilidade urbana, especialmente no centro da vila".
Desde o PP denuncian a “pasividade do Goberno local, que nin ofrece explicacións nin propón solucións, mentres veciños e traballadores sofren as consecuencias dun modelo de xestión que xa non dá máis de si. O que está a pasar co lixo en Sarria non é admisible. Esiximos una vez máis ao Concello que interveña e garanta un servizo digno, eficaz e compatible coa vida diaria da xente”, advirten os populares.
E engaden que “se debe garantir tamén as condicións e medios dos traballadores do servizo, outros dos grandes afectados e prexudicados pola situación”.
En resumo, o Partido Popular reclama transparencia na xestión do contrato e solucións inmediatas para acabar cunha situación que se alonga no tempo despois deque o servizo estea a prestarse sen contrato en vigor dende hai case cinco anos.