O PP de Sarria esíxelle ao Goberno local que mellore a ruta das Aceas

SarriaXa
“A ruta das Aceas debe ser un lugar a coidar e mellorar”, indica a voceira, Carmen José López
Árbore-caída-no-paseo-das-Aceas-Sarria
22 May 2024

O Grupo Municipal do Partido Popular urxe a atención e solución por parte do Goberno de Camiña Sarria ante o "grave deterioro da ruta das Aceas".

Os concelleiros fan unha chamada urxente á acción ante “a situación intransitable por algúns dos tramos, a maleza e a cantidade de árbores caídas”.

A propia web do Concello recoñece a ruta das Aceas como a ruta máis visitada do noso municipio, “un paseo que constitúe, sen dúbida, un dos lugares elixidos diariamente pola veciñanza para camiñar. A pesar diso, As Aceas atópanse nun estado alarmante de deterioro”, denuncia a portavoz, Carmen José López.

“A ruta das Aceas debe ser un lugar a coidar e mellorar”, indica a voceira. “Non é admisible que este espazo de natureza e desconexión en Sarria se atope nunha situación así”. É por iso polo que os populares esixen que “o Concello actúe para reverter a situación o antes posible e restaurar a seguridade e funcionalidade nesta ruta”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16053795814514