O PP de Sarria inaugura a súa nova sede céntrica e máis ampla

SarriaXa
O partido abre un espazo á veciñanza para avanzar e construír alternativas no municipio
nova-sede-PP-Sarria
Actualizada el 24 noviembre 2025, 09:12 horas
22 Nov 2025

O Partido Popular de Sarria inaugurou a súa nova sede, un espazo máis amplo, céntrico e visible, que a partir de agora será a “casa” do partido e estará á disposición de toda a veciñanza para construír alternativas, avanzar e poñer o municipio no lugar que merece.

A apertura contou coa presenza de Elena Candia, presidenta do Partido Popular da provincia de Lugo, así como de outros cargos e compañeiros.

Os responsables do partido agradeceron tamén a todos os afiliados, simpatizantes e amigos que se achegaron durante a tarde para compartir este “punto e seguido” na traxectoria do PP de Sarria. Agardan que esta nova sede se converta tamén nun escenario de moitos momentos de celebración.

⚙ Configurar cookies
0.049826145172119