O PP de Sarria lamenta o estado de "abandono" que sofre O Chanto

SarriaXa
Dende o Partido Popular de Sarria denuncian o estado de abandono que sofre O Chanto, que cumpre 60 anos como praia fluvial de Sarria.
presa parque chanto sarria
20 Sep 2021

Dende o Partido Popular de Sarria denuncian o estado de abandono que sofre O Chanto, que cumpre 60 anos como praia fluvial de Sarria e é o lugar onde se sitúan as piscinas municipais, zonas deportivas, merendeiros, restaurantes e un parque infantil. Desta maneira, o PP defende que é "o epicentro da vida veraniega de Sarria, cheo de nenos e familias".

Por esta razón consideran que se trata dun "abandono total e vergoñento, con vallas con furados dende fai máis de dous anos". Ademais engaden que "os puntais están alugados a unha empresa de Lugo dende fai nove meses, a presa está abandonada e o río sucio, as varandas do paseo caéndose e un árbol caído e sen medidas de seguridade".

Por iso, conclúen neste sentido que "Sarria converteuse no pobo máis abandonado do Camiño Francés".

Por outro lado, dende o PP de Sarria xa denunciaran fai uns días que a Deputación de Lugo, o pasado 3 de setembro, acordou a perda doutra subvención do Concello de Sarria "porque o Goberno de Claudio Garrido e os seus Camiña están instalados na desidia, esta vez non foron quen de cumplir cos seus compromisos para instalar a fibra escura que conecte aos edificios municipais nunha rede rápida e moderna".

Por iso, sinalan que son outros case 20.000 euros que perde o pobo de Sarria, a causa de que o Concello tiña que xustificar a inversión antes do 15 de outubro do 2020, algo que non chegou a suceder.

"Prorrogáronlla ata o 15 de novembro de 2020 e non o fixo; pediron explicacións ata o 15 de marzo de 2021 e non o fixo. A xestión de Claudio Garrido-Camiña fai de Sarria, o Concello que máis diñeiro público e subvencións perde de toda a provincia de Lugo. Tan solo da Deputación, leva perdidos 468.000 euros de plans únicos, récord negativo absoluto de toda a provincia", conclúen.

0.15561890602112