O PP de Sarria pide melloras no alumeado público para “evitar zonas en penumbra”

SarriaXa
Os populares lembran que fai máis dun ano a corporación aprobou unha proposta do PP para estudar a iluminación e corrixir os puntos con ausencia ou insuficiencia de luz
Parque-do-Chanto-sen-iluminar-cun-pavillón-e-un-centro-cultural-próximos-sarria
15 Jan 2025

O Grupo Municipal Popular denuncia que “o goberno de Claudio Garrido continúa tendo parte do municipio literalmente en penumbra, desoíndo un acordo adoptado pola corporación en sesión plenaria a proposta do PP”.

A portavoz, Carmen José López, explica que “xa levaramos fai máis dun ano, en novembro do 2023, este tema ao pleno a través dunha proposta para realizar un estudo de iluminación pública, en especial énfase nos puntos nos que se pon de manifesto a ausencia ou insuficiencia de iluminación co fin de corrixir esta situación”.

A popular explica que “os concelleiros do Partido Popular recibimos diariamente os comentarios e queixas de veciños que non entenden esta situación con varias áreas do concello nos que se aprecia a baixa intensidade nos puntos de luz, faroles apagadas ou fundidas e rúas e avarías frecuentes que deixan rúas e zonas apagadas con demasiada habitualidade”.

Por outra parte, os populares denuncian que “o sistema empregado está a ocasionar que cando a climatoloxía dificulta a visibilidade non haxa luz suficiente, as farol non se acenden e o sistema claramente non responde cando esas faroles están apagadas a pesar de terse feito de noite ou non haber luz natural suficiente”.

López advirte que “a situación incrementa o risco de accidentes e a sensación de inseguridade e decadencia”. E engade que “estas deficiencias non só afectan a visibilidade nas rúas, senón que tamén contribúen a un aumento na vulnerabilidade das persoas que transitan pola vía pública durante a noite”.

Os populares aseguran que esta problemática se alonga no tempo ante a preocupación da cidadanía e faise máis evidente nos meses de inverno. “Resulta inverosímil ter zonas de Sarria de tránsito habitual e diario case sen iluminar, como, por exemplo, o parque do Chanto que leva semanas coas faroles apagadas”, di.

O Partido Popular fai un chamamento urxente para que se tomen as medidas necesarias para mellorar a infraestrutura de alumeado público, asegurando o funcionamento adecuado das faroles e a distribución eficiente da luz nas rúas, para garantir a seguridade e o benestar de todos os cidadáns e recordan que “a iluminación pública non é só unha cuestión de funcionalidade ou comodidade, é tamén unha cuestión de seguridade e accesibilidade”.

“Non é asumible ter que evitar tramos e espazos por falta de luz, transitar con medo por eles ou ter que sacar a lanterna do móbil para poder ver, algo que xa é habitual en distintas zonas”, conclúe.

0.14746403694153