O PP de Sarria propón comprar a Torre do Batallón e os elementos do seu conxunto

SarriaXa
A portavoz, Carmen José López, di que é un “emblema sarriao que ofrece importantes oportunidades dende o punto de vista patrimonial, cultural e como atractivo turístico”
Torre-do-Batallón-Sarria
31 Jul 2024

Unha vez que se confirma que o Concello recibirá os cartos resultantes da venda do piso de Madrid pertencente á herdanza de José Sánchez Arias, o Partido Popular de Sarria retoma a proposta de destinalos á compra da Torre do Batallón e os elementos do seu conxunto.

Xa no 2015 o Pleno aprobara destinar os cartos á adquisición deste “emblema sarriao que ofrece importantes oportunidades dende o punto de vista patrimonial, cultural e tamén como atractivo turístico”, segundo subliña a portavoz, Carmen José López.

A popular considera que “coa devolución do importe abonado pola Feculera, o Concello e a veciñanza de Sarria volven ter unha oportunidade histórica para facerse co conxunto” que inclúe a torre, a leira e a casa, e “é un símbolo para o municipio e para toda a comarca, un ben representativo na historia de Sarria e unha paraxe destacada pola súa localización, que debe poñerse ao servizo e desfrute da veciñanza e potenciarse como activo patrimonial e turístico de Sarria”.

Así, explican que a súa adquisición "suporía satisfacer esta aspiración histórica no municipio e cumpriría cos requisitos establecidos por Manuel Sobrado no seu testamento”. De feito, o doante estableceu no seu testamento que a herdanza debía destinarse a fins benéficos ou culturais.

“Este complexo, claramente, estaría en condicións de cumprir finalidades culturais xa que toda a contorna ten un valor patrimonial indubidable e ofrece moitas posibilidades en canto ao seu destino cultural”, concluíron.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13285899162292