O PP de Sarria reclama solucións inmediatas para as beirarrúas da rúa Elías Valiña

O Partido Popular de Sarria manifestou a súa preocupación pola situación das beirarrúas da rúa Elías Valiña, que presentan un estado deficiente que necesita unha actuación inmediata e non novas dilacións.
No pleno celebrado no mes de xuño, o grupo popular solicitou ao Goberno local que tome medidas para solucionar os problemas xerados por afundimentos nas baldosas que están a provocar filtracións de auga, humidades e molestias continuas para as persoas que habitan nesta zona.
Desde o PP destacan que esta iniciativa forma parte do seu compromiso constante de trasladar ao pleno as demandas e preocupacións da veciñanza, mantendo un diálogo aberto para dar voz aos problemas reais que afectan ás rúas e barrios do municipio.