O PP de Sarria solicita a construción dun paso elevado no Mazadoiro

SarriaXa
El PP de Sarria solicita la construcción de un paso elevado sobre las vías del tren de Sarria en o Lázaro.
28 Feb 2022

O PP de Sarria traslada no pleno do Concello ao goberno municipal, a petición dos veciños do barrio do Mazadoiro e a zona da Estación do tren de instar a ADIF a recuperar a través dunha pasarela o paso peonil cortado en dita zona.

Esta zona do ferrocarril na vila, na saída do Lázaro en dirección á estrada de Paradela é un camiño moi utilizado polos veciños. Con anterioridade, este lugar contaba cun paso que quedou cortado e, que a día de hoxe, seguen usando os sarriaos e sarriás do Mazadoiro e da zona da estación de tren.

Por este motivo, dende o Grupo Popular instan ao goberno municipal a que se poña en contacto con Adif para darlle solución aos veciños mediante a construción dun paso elevado. O rexedor de Sarria, Claudio Garrido descartou a iniciativa debido a que xa se vai construír unha pasarela preto do lugar.

O PP aproveitou esta última sesión plenaria para preguntar polo reintegro da subvención da Xunta de 9.000 euros para o servizo de conciliación. Esta achega tivo que ser devolta debido ao fraccionamento do contrato.

0.13423585891724