O PP de Sarria valora os investimentos da Xunta en tres estradas do municipio

SarriaXa
Trala publicación da licitación o pasado 21 de marzo, a portavoz popular, Carmen López, analizou con Pallares as actuacións previstas
PP-Carmen-Lopez-e-Pallares
26 Mar 2025

O Grupo Municipal do Partido Popular de Sarria destacou o investimento de máis de 1 millón de euros da Xunta de Galicia para a mellora de tres estradas de titularidade autonómica (LU-536, LU-636 e LU-622) que rexistran un "especial tránsito" no municipio.

Os populares trasladaran a conveniencia de actuar sobre estas vías nunha reunión mantida pola voceira, Carmen José López, co delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias; o director territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas na provincia de Lugo, Marco Antonio Fernández; e o xefe do servizo da Axencia Galega de Infraestruturas nesta provincia, Gerardo Pallares.

Tras a publicación da licitación o pasado 21 de marzo, López analizóu con Pallares as actuacións previstas, que comprenden o fresado localizado, posterior reposición e capa de rodadura na LU-536, para o que a Xunta reserva máis de 433.000 euros; o fresado en toda a plataforma e posterior reposición na LU-636, cun investimento superior aos 435.000 euros; e o estendido dunha capa de rodadura na LU-622, cunha achega de 282.000 euros.

A portavoz considera que "este investimento mellorará moi significativamente o estado das estradas autonómicas no municipio e suporá, ademais, a renovación do tramo urbano de titularidade autonómica da LU-636, que transcorre pola rúa Diego Pazos, unha das arterias principais da vila".

Unha vez sexan adxudicadas as obras, está previsto un prazo de execución de seis meses.

⚙ Configurar cookies
0.75397896766663