O PP demandará no Pleno da Deputación a execución das infraestruturas pendentes

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Pedirá ao Goberno central que "deixe de illar a Lugo" e realice unha nova proposta do mapa de concesións estatal de liñas de autobús
autobus-transporte
Autobús
24 Jun 2024

Os deputados do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo defenderán no pleno deste martes varias iniciativas encamiñada a que o goberno provincial cumpra o seu compromiso de construír as infraestruturas comprometidas, así como defender que o Goberno central non retire servizos á provincia.

Antonio Ameijide explica que “seguimos defendendo” a construción da variante da LU-P-2901, no Burgo, tras moitos anos nos que os gobernos de PSOE e BNG “nada fixeron”.

O proxecto desta variante iniciouse no ano 2006, cun goberno do PP á fronte da Deputación, xa que se trata dunha infraestrutura que mellorará os tempos de recorrido, incrementará a seguridade viaria e tamén a calidade de vida dos seus veciños. “Todo o que axude a garantir a seguridade e mellorar calidade de vida dos veciños sempre é benvido”, recordou.

No pleno de decembro de 2018 os tres grupos políticos que formaban esa corporación provincial (PP, PSOE e BNG) aprobaron por unanimidade que a Deputación Provincial de Lugo iniciase, de forma urxente, todas as accións necesarias para poñer en marcha o proxecto de ensanche e mellora da estrada provincial LU-P-2901 dende o P.K. 3,3 ata o 5,4. “Pero a realidade é que a día de hoxe nada fixeron PSOE e BNG”, criticou, xa que se trata dun punto da estrada moi estreito, entre vivendas e no que a diario comparten a vía os condutores e os centos de peregrinos que realizan o Camiño Primitivo.

MAPA DE CONCESIÓNS ESTATAIS DE AUTOBÚS

Os deputados do Grupo Provincial Popular tamén defenderán unha iniciativa para que a Deputación de Lugo inste ao Goberno central a retirar a nova proposta do mapa de concesións estatais de liñas de autobús xa que “recorta o servizo e deteriora a calidade deste transporte público”.

Ameijide, ve necesario “unha nova proposta” que “non elimine paradas nin retire servizos” xa que á proposta do goberno de Pedro Sánchez o que di é que “van a incomunicar aínda máis á provincia de Lugo, a máis illada de España”.

“Non se entende” esta proposta do Goberno central, que debe “sentarse a dialogar coas comunidades autónomas o alcance e contido dun novo mapa estatal” para o que consideran necesario convocar de forma urxente a Conferencia Nacional de Transportes.

ROGOS E PREGUNTAS

Os deputados populares tamén presentarán varias preguntas para coñecer os motivos de que José Tomé se negue a recibir aos diferentes alcaldes do Partido Popular que teñen solicitado reunirse con el para abordar asuntos importantes para os seus municipios e para coñecer os plans do goberno provincial para impulsar o polígono industrial de Ourol.

Tamén defenderán dende o Grupo Provincial Popular varios rogos para que a Deputación realice as melloras necesarias no parque comarcal de bombeiros de Monforte e para saber cando comezarán os desbroces nas estradas provincias xa que as queixas son numerosas.

0.1280369758606