O PP esixe á Deputación a reposición de alumeado público no polígono de Paradela

SarriaXa
O alcalde de Paradela, José Mato, acolleu a visita ao viveiro de empresas do municipio do portavoz do grupo provincial do Partido Popular, Antonio Ameijide, e da viceportavoz, Carmen José López.
Concello de Paradela viveiro empresas
21 Aug 2023

O alcalde de Paradela, José Mato, acolleu a visita ao viveiro de empresas do municipio do portavoz do grupo provincial do Partido Popular, Antonio Ameijide, e da viceportavoz, Carmen José López.

Durante a visita, Ameijide sostivo que é "inaceptable" que a Deputación de Lugo deixara "pasar cinco anos sen repoñer a instalación do alumeado público no polígono de Paradela", polo que esixe a reposición inmediata do material.

Así, desde o PP din que dende o roubo da acometida eléctrica "non se fixo nada a pesar de telo adxudicado fai máis de catro meses, e o polígono continúa sen este servizo básico".

0.063317060470581