O PP gañaría as eleccións e obtería unha maioría absoluta por un só escano, segundo as primeiras enquisas

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O PP sería a forza máis votada nas Eleccións ao Parlamento de Galicia que terán lugar o próximo día 18 de febreiro, segundo o compendio de enquisas electorais que elabora o portal especializado Electomania.
portada enquisa
19 Jan 2024

O PP sería a forza máis votada nas Eleccións ao Parlamento de Galicia que terán lugar o próximo día 18 de febreiro, segundo o compendio de enquisas electorais que elabora o portal especializado Electomania.es.

O Partido Popular obtería o 45,3% dos votos e avantaxaría de forma clara ao resto de partidos que conseguirían representación parlamentaria, que serían o BNG, o PSdeG e Sumar, mentres que Vox e Democracia Ourensá quedarían fóra do parlamento de Santiago de Compostela.

O resultado do PP mantívose estable nas últimas semanas aínda que se observa unha certa tendencia á baixa, o que podería levar ao partido de Alfonso Rueda a achegarse á barreira que marca a maioría absoluta, que está en 38 deputados.

 

En canto á repartición de escanos, no Parlamento Galego entraría, segundo as enquisas, o partido de Yolanda Díaz cun representante, mentres que Vox seguiría sen representación. Democracia Ourensá quedaría tamén sen representante autonómico. A suma de BNG, PSdeG e Sumar non daría para formar un bloque de goberno pero quedaría a tan só un par de escanos, polo que a batalla durante a campaña electoral pode ser bastante intensa.

 

 

O resultado por provincias lanza unha clara vitoria do PP en todas salvo en Pontevedra onde se poñen en xogo 25 escanos e o Partido Popular obtería 10, mentres que BNG tería 6 asentos, o PSdeG de Abel Caballero lograría 5 e Sumar un.

 

 

Para poder conseguir un escano no Parlamento Galego é necesario superar o 5 por cento dos votos na circunscrición na que se presenta. Así por exemplo, Sumar non obtería o 5% no global de Galicia, pero si o tería en Pontevedra e sería aí onde conseguiría o escano que lle outorgan as enquisas. Na Coruña tamén podería estar moi próximo a entrar na repartición de escanos.

 

0.14013004302979