O PP reclama a reparación integral da estrada provincial LU-P-5701 ao seu paso por Sarria

SarriaXa
Ante a falta de acción por parte do goberno provincial, os deputados do PP volverán a insistir na necesidade desta obra
Ameijide,-Corujo-e-PP-Sarria-LU-P-5701
11 Jan 2025

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclaman a reparación integral da estrada provincial LU-P-5701, situada no municipio de Sarria, argumentando que "se trata dunha vía con alta densidade de tráfico que sofre un deterioro constante".

Antonio Ameijide e Héctor Corujo, deputados populares, acompañados pola portavoz do PP en Sarria, Carmen José López, e outros concelleiros, comprobaron in situ que "os parches aplicados polo goberno provincial resultan ineficaces". Destacan que, debido ao intenso tráfico que soporta a vía, é imprescindible repavimentala completamente.

Segundo explica Ameijide, esta estrada soporta un volume significativo de vehículos diariamente, incluíndo un notable tránsito de camións, xa que conecta con empresas e explotacións locais. Por este motivo, considera urxente renovar o pavimento empregando aglomerado en quente, limpar as cunetas para garantir unha axeitada evacuación da auga e mellorar a sinalización tanto horizontal como vertical.

Esta demanda xa foi presentada no Pleno da Deputación de Lugo por iniciativa da portavoz popular en Sarria, Carmen José López. Ante a falta de acción por parte do goberno provincial, os deputados do PP volverán a insistir na necesidade desta obra, denunciando que "a negativa do PSOE e do BNG a actuar mantén a estrada nun estado lamentable e perigoso para os usuarios".

0.15239906311035