O PP visitou a casa niño Bolboreta do Páramo, onde puxeron en valor estes centros como recursos de conciliación
Membros da candidatura do PP ás eleccións autonómicas pola provincia de Lugo visitaron a casa niño Bolboreta, no Páramo, onde puxeron en valor a aposta da Xunta polas casas niño como recursos de conciliación.
Nesta visita subliñaron “as políticas impulsadas pola Xunta de apoio ás familias vivan onde vivan, como as casas niño, que poden atender a 135 nenos e nenas de 0 a 3 anos, cun máximo de 5 prazas en cada casa niño", dixo Javier Arias.
“Dende o Partido Popular temos claro que a nosa é unha provincia fundamentalmente rural e con núcleos de poboación dispersos. Por iso apostamos por achegar servizos ao rural co obxectivo de fixar poboación. Un claro exemplo son as casas niño que ofrecen, nun entorno próximo, atención aos máis pequenos de concellos do rural que carezan doutro recurso de conciliación. E non hai que esquecer que a través das casas niño tamén se crean postos de traballo nestes concellos”, engadiu o popular.
O Goberno de Alfonso Rueda ten xa comprometidos para o 2024 un total de 3 millóns de euros para manter o centenar de casas niño que xa existen actualmente en Galicia e ampliar a oferta a máis concellos. Trátase dunha medida implantada no 2016 e que “funciona”. Estes centros ofrecen atención gratuíta de luns a venres durante un máximo de 8 horas diarias a cinco nenos de 0 a 3 anos de idade.