O prazo de solicitude da axuda de alimentos do Incio permanece aberto ata o 22 de febreiro
Ata o martes 22 de febreiro, O Incio ten aberto o prazo para solicitar alimentos. Unha iniciativa dirixida ás persoas ou familias con menos recursos, que teñen dificultade para acceder aos medios principais de supervivencia debido a sua situación económica desfavorable.
O Incio fixo público un bando no que informaba ás persoas interesadas que para acceder a esta axuda enmarcada no programa de axuda alimentaria do fondo europeo deberán achegarse aos servizos sociais do Concello en horario de 8.00 a 15.00 ata o 22 de febreiro. Alí cubrirán a solicitude e quedará presentada para o seu posterior estudo.
A entidade encargada de repartir os alimentos que proveñen do fondo de axuda europea do 2022 para as persoas desfavorecidas será a Cruz Vermella.