O premio de poesía Fiz Vergara Vilariño premiará á mellor obra en galego das 50 presentadas

SarriaXa
A XXIII edición do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño deste ano, que dará a coñecer ao ganador ou gañadora en novembro, conta coa participación de 50 poetas de Galicia, pero tamén de Madrid, Segovia e Albacete, todos eles escritos en lingua galega.
premio Fiz Vergara
10 sep 2023

A XXIII edición do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño deste ano, que dará a coñecer ao ganador ou gañadora en novembro, conta coa participación de 50 poetas de Galicia, pero tamén de Madrid, Segovia e Albacete, todos eles escritos en lingua galega.

Este premio é un dos máis prestixiosos de toda Galicia, xa que xurdiu hai 23 anos para homenaxear a un dos maiores referentes literarios da literatura galega Lóuzara Fiz Vergara Vilariño.

O certame, organizado pola Asociación Ergueitas, representada a través da súa presidenta, María Casar, e o Concello de Sarria, premiará ao gañador ou gañadora cunha dotación de 6.000 euros e a publicación da obra na editorial Espiral Maior.

Así, para poder entregar este premio, os integrantes do xurado, formado por Eduardo Estévez, Marga Romero e Jesús Castro Yáñez, deberán ler todas as obras presentadas ata que decidan o galardoado en novembro.

Comezos do certame

No ano 2000, tres anos despois da morte de Fiz Vergara Vilariño, a directiva da asociación Ergueitas ideou unha iniciativa a través da cal recoller a esencia do autor, levando a cabo un recompilación dos poemarios locais. Así, fíxose cada ano con máis participación ata o día de hoxe.

O último gañador do concurso foi Antón Lopo coa súa obra Terminalidade, na que trata a dureza dos coidados á nai anciá e as relacións afectivas.

0.17539596557617