O presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Sarria foi recoñecido como socio de honra

SarriaXa
O presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Sarria foi recoñecido como socio de honra polo Círculo Chileno
Entrega honor Amigos do Camiño de Sarria
14 Jun 2023

Jorge López, presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Sarria, recibiu a consideración de socio de honra polo seu labor no Camiño Francés e cos peregrinos por parte do Círculo Chileno de Amigos del Camino de Santiago.

O presidente do colectivo americano, Francisco Javier de Almozara, foi quen de entregarlle a distinción nun acto celebrado no Concello de Sarria.

Pola súa parte, Jorge López entregoulle a De Almozara un diploma pola "amizade" entre as dúas entidades e explicou que o labor da entidade que encabeza é facilitar información e dar "apoio ao peregrino" no que necesitan.

0.16473889350891