O Presidente da Deputación visita a antiga escola de Láncara tras as obras
SarriaXa
José Tomé Roca aproveitou a súa visita ao Concello para supervisar a antiga escola de Láncara que se reformou con fondos deste organismo.
19 Nov 2021
O presidente da Deputación de Lugo José Tomé Roca aproveitou a súa visita ao concello de Láncara para coñecer da man do Alcalde e da directiva da Asociación Cultural Val de Láncara , as obras feitas na antiga escola de Láncara, situada no núcleo da Veiga de Outeiro, as cales contaron cunha subvención deste organismo de 46.000 euros (o 96% do custo total da intervención).
Esta reforma supón unha mellora nas infraestruturas de reunión e realización de actividades para a Asociación Cultural Val de Láncara que fomenta a xuntanza dos veciños co obxectivo de facer parroquia.