O profesional do Kung Fu de Láncara, Roi Pérez, proclamouse Campión Galego de San Da - Qing Da

SarriaXa
Roi Pérez López, alumno do grupo de Kung Fu da ANPA CPI Ramón Piñeiro da Pobra de San Xiao de Láncara volveu acadar o primeiro posto no Campionato Galego.
Roi Pérez Kung Fu Láncara
20 Feb 2024

Roi Pérez López, alumno do grupo de Kung Fu da ANPA CPI Ramón Piñeiro da Pobra de San Xiao de Láncara volveu acadar o primeiro posto no Campionato Galego.

Estudante de primeiro curso do Grao de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo na Universidade Vigo, Roi Pérez López “volveu facer gala da súa disciplina, paixón e indiscutible talento” este pasado domingo 12 de febreiro no Campionato Galego de San Da - Qing Da, celebrado na Faculdade de Ciencias do Deporte e Educación Física do INEF da Coruña, volvendo a colgar o ouro.

O pasado ano, entre varios títulos máis, foi proclamado campión galego e poucos meses despois foi recoñecido como campión de España de Qing Da, unha modalidade de Kick Boxing dentro do Wu Shu Artes Marciais Chinesas.

Desde o equipo explican que “estas actividades son máis que un deporte ou entretemento, son una vía de expresión artística e de autorrealización para moitos rapaces e rapazas que atopan na idiosincrasia das artes marciais unha vía de progreso persoal”.

Pero, sosteñen que “isto só é posible cando se dan as oportunidades, cando proxectos como este se materializan, e este é un proxecto que sen a ANPA do CPI Ramón Piñeiro e o esforzo persoal de todas as nais, pais de alumnos e das familias, non sería posible desde que a data de hoxe estas actividades, de longa traxectoria no municipio, deixaron de contar co apoio do Goberno municipal lancarés e de incluírse nas Escolas Deportivas Municipais", explican.

0.15587496757507