O programa Coidados Porta a Porta chega ao Incio no mes de outubro

SarriaXa
Coidados Porta a Porta chega ao Incio no mes de outubro, os días 4, 5, 6 e 7. Con consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria
explotacion belesar estado pista vilalba aberta
9 Sep 2022

Este programa que visitará o concello do Incio entre os días 4 e 7 de outubro, busca levar servizos asistenciais ás persoas maiores do rural para a prevención da dependencia.

Ofrecerá diante da antiga nave do mercado gandeiro (agora utilizada como sala de usos múltiples), consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a tódalas persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de maneira gratuíta.

Estará dispoñible en horario de 09.00 a 20.00 horas.

Un autobús con profesionais de cada unha das especialidades permanecerá nesta localización durante os días 4, 5, 6 e 7 de outubro para poder atender a tódolos asistentes.

Pódese solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 e 623 546 992 ou ben enviar un correo electrónico ao enderezo coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16082000732422