O programa Coñece a túa provincia chega a Láncara
A Asociación Cultural Val de Láncara informa que o Concello de Láncara acollerá o programa Coñece a túa provincia, posto en marcha pola Deputación de Lugo. Esta iniciativa ten o obxectivo de que os veciños e veciñas dos diferentes Concellos de Lugo coñezan o patrimonio natural, cultural e gastronómico da provincia de Lugo.
A actividade, que engloba a visita a Barreiros, a Ribadeo e a un centro da Deputación, é de balde e inclúe transporte, guía acompañante e xantar. A data na que se levará a cabo é o 19 de outubro e a saída será dende o bar Benita de Láncara.
As prazas son limitadas e os socios da Asociación Val de Láncara terán preferencia. Así pois, para máis información ou para realizar a inscrición, pódese chamar ao número de teléfono 691 175 650.