O promotor da escola de taekwondo de Sarria participará no Open G1 de Croacia
Alejandro Losada Rodríguez, ou tamén coñecido como Álex Camba, promotor da Escola de Taekwondo de Sarria, participará do Open G1 de Croacia como profesional do taekwondo.
Segundo Álex, a súa intención é gañar os máximos puntos posibles nestes enfrontamentos e conseguir medallas, xa que quere seguir entre os 131 mellores taekwondistas do mundo na súa categoría e seguir subindo postos de cara ao Campionato Europeo de Taekwondo, que terá lugar a finais de novembro en Austria.
Así, di que competirá na categoría individual sénior 1 e tamén na modalidade por equipos, xunto cos seus compañeiros do equipo Neka Taekwondo de Monforte, xa que no 2021 conseguiron ser Campións de Europa nese mesmo campionato e este ano queren repetir.
Ademais, explica que el, como Campión de España, quere lograr os mesmos resultados individuais que obtivo en 2019, cando conseguiu o bronce no Campionato Europeo, polo que necesita moitos puntos neste Open de Croacia.