O promotor do Museo Paixón Motor Slot, Julio Páramo, abre unha canle de Youtube
SarriaXa
O promotor do Museo Paixón Motor Slot, Julio Páramo, abre unha canle de Youtube para os interesados neste proxecto
21 Apr 2023
O sarriao Julio Páramo, promotor do proxecto Museo Paixón Motor Slot, valora positivamente a exposición piloto do Museo, celebrada en el Museo Interactivo De La Historia De Lugo e comunica que este proxecto conta xa cunha canle de Youtube.
O obxectivo desta nova vía de comunicación é “poñer a disposición do público vídeos gravados na exposición piloto, tanto para os visitantes que tiveron a oportunidade de vela, como todos aqueles que non pudieron presenciala”.
Así, con estas visitas virtuais, as persoas interesadas en coñecer o que será o futuro Museo Paixón Motor Slot, poderán facerse unha idea do que poderán atopar.
Na canle de Youtube as persoas que entren poderán atopar varias listas de reproducción.
Lista de reproducción en Youtube
- Exposición piloto: Nesta lista poderase ver un vídeo de presentación da exposición e vídeos de visitas completas en distintos formatos.
- Historia do automobilismo a través do slot: Nesta lista poderanse ver vídeos específicos dunha tempada ou temática concreta gravados en cada rincón do museo.
- O automóbil no cine a través do slot: Nesta lista móstranse vídeos específicos dos rincóns temáticos dedicados ao automóvil no cine.
- Miniaturas de Slot de coches de competición: Vídeos dedicados aos afeccionados ao slot, nos que se analizan os grupos temáticos en función das miniaturas.
- Programa Paixón Motor da Televisión de Galicia: Programa no que Julio Páramo foi guionista.