O proxecto ATLIC escolle Samos para desenvolver un encontro clave

SarriaXa
Esta iniciativa impulsa o emprendemento xuvenil dentro do marco da Economía Azul, fomentando o desenvolvemento sostible nas rexións atlánticas
Concello-de-Samos-praza-Fiz-Vergara
1 Feb 2025

O 21 de febreiro de 2025, Samos acollerá un encontro clave para os actores españois do proxecto ATLIC (Atlantic Innoblue Communities).

Esta iniciativa impulsa o emprendemento xuvenil dentro do marco da Economía Azul, fomentando o desenvolvemento sostible nas rexións atlánticas.

O encontro en Samos, organizado por Vida Láctea e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, explorará como involucrar á mocidade galega no desenvolvemento sostible, aproveitando os vínculos históricos da rexión cos recursos hídricos. Ademais, un obradoiro de Realidade Virtual permitirá aos estudantes locais coñecer os principios e oportunidades da Economía Azul.

Os socios do proxecto destacan a importancia de "converter os desafíos ambientais en oportunidades de crecemento e benestar" a través de proxectos innovadores e sostibles aliñados cos obxectivos da ONU. Tamén se está a considerar a creación dun centro de incubación de Economía Azul en Samos.

0.15337491035461