O proxecto Galicia Camiño Emprendedor percorreu Sarria e Triacastela

SarriaXa
Emprendedores del proyecto Galicia Camiño Emprendedor realizó las etapas del camino de Santiago de Sarria y Triacastela.
20220427 DXEmpregoSarria
28 Apr 2022

A directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participou na 4º etapa do proxecto Galicia Camiño Emprendedor co que emprendedores galegos están a percorrer tramos do Camiño da man da Xunta e a Fundación Ronsel para impulsar o talento e o emprego. Trátase de apoiar ás persoas que teñen en mente iniciar un proxecto empresarial mediante un proceso de mentoring a través da realización das etapas do Camiño de Santiago. Nesta edición está prevista a participación dunhas 200 persoas entre emprendedores e mentores.

En global realizaranse 12 etapas, 12 retos, o lema escollido para esta nova edición do programa. A de onte, polo Camiño Francés, discorreu polo Cebreiro, Triacastela e Sarria baixo o reto da Viabilidade do emprendemento no rural. Toca destacou a oportunidade dos participantes para mellorar os seus proxectos e xerar contactos profesionais para avaliar o seu modelo de negocio e elaborar un novo plan de acción, no caso de que sexa preciso, sempre da man dunha mentora ou mentor que se adapta á realidade de cada emprendedor.

Os retos que se propoñen acadar nesta ocasión están en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Na etapa de hoxe escolléronse tres destes retos: traballo decente e crecemento económico, redución das desigualdades e alianzas para acadar os obxectivos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15585708618164