O proxecto 'Interritmos sons do rural no Destino Courel' estará este venres na Capela do Ciprés de Samos
A Capela do Ciprés de Samos acolle este venres, 6 de outubro, o proxecto 'Interritmos sons do rural no Destino Courel' organizado polo Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra - O Courel xunto con outros GDRs.
A xornada comezará coa actuación de 'As lembranzas', seguido de 'Ao son dunha culler', narrada polas voces de Vanesa Muela e Felisa Segade, que irá seguida do plato final para pechar o día, coa actuación de Maghúa e dunha degustación de produtos locais.
A mestra e investigadora de musica e bailes tradicionais, Julia Pozo, será a presentadora desta xornada, que define como "un evento no que mostrar o gran legado inmaterial que temos como cultura, formado pola oralidade, os oficios e a arte; que conforma un macrocosmos, onde todo ten o seu lugar e funciona en harmonía grazas á sinerxia do mesmo coa súa contorna e o co traspaso dos tempos".