O PSdG de Paradela denuncia a situación sanitaria no centro de saúde

SarriaXa
Os socialistas do municipio, representados por Iván Castro, piden que se reforce o servizo sanitario en Paradela
centro-de-sáude-Paradela
21 Xuño 2024

O grupo municipal socialista no Concello de Paradela manifestou a súa preocupación e enfado pola situación médica de Paradela, "onde esta semana vimos como quedamos sen ningún médico, e o Sergas só foi capaz de enviar un día, o martes, 4 horas a un sanitario", explican.

Por todo isto, desde o PSdG do municipio pídenelle ao Sergas para que "cubran urxentemente a praza, así como que reforcen o servizo sanitario cando só estea un médico no centro de saúde para evitar estas situacións", defenden.

Ademais, engaden que Paradela é un Concello envellecido, "con moita xente que vive soa e non nos podemos permitir non ter asistencia médica preto, xa que en caso de urxencia, pode marcar a vida ou a morte dun paciente. É moi grave esta situación e pedimos que non se xogue coa saúde dos nosos veciños", conclúen.

0.16195106506348