O PSOE de Sarria defende que "queremos unha sanidade pública e universal" na vila
Desde o Partido Socalista de Sarria din que a vila precisa con urxencia que se cubran todas las prazas de médicos de familia e de atención primaria, así como consideran de “moi urxente” cubrir a praza de pediatría.
Ademais, para ter unha sanidade de calidade, sosteñen que tamén é necesario “que se cubran as baixas, vacacións e permisos para poder atender ás persoas que se achegan ao centro de saúde de igual maneira un día ca outro.
Por outra parte, respecto ao transporte sanitario, “necesítase unha ambulancia de apoio para toda a comarca, xa que actualmente só dispoñemos dunha, un servicio insuficiente para atender a unha poboación de preto de 30.000 habitantes”, sosteñen, e conclúen que “queremos unha sanidade pública e universal que se financie adecuadamente”.