O PSOE de Sarria presenta alegacións en contra dos presupostos do Goberno local para o ano 2024

SarriaXa
O orzamento presentado por Camiña Sarria para este ano 2024 ascende a 14,5 millóns de euros
Benjamín-Escontrela,-PSOE-Sarria
10 Xuño 2024

O grupo municipal do PSOE de Sarria vén de alegar en contra da aprobación inicial do orzamento de 2024 presentado polo Goberno local de Sarria porque, din, “infrinxe o principio de estabilidade orzamentaria”.

Así, desde o partido alegaron que hai unha “insuficiente xustificación dos ingresos para asegurar o equilibrio presupostario”, xa que indican que o informe de Intervención acolle a existencia dun déficit ou necesidade de financiamiento de case 800.000 euros, polo que hai que “baixar os gastos ou subir os ingresos”, explican os socialistas.

Ademais, engaden que os ingresos que se recollen nos orzamentos están firmados polo alcalde, non por ningún técnico, polo que se consideran “irreais e que provocarán un incremento do déficit ata cotas inasumibles”. Finalmente, tamén din que o Goberno local “carece dun plan cuatrienal de investimento, o que amosa unha política curtopracista”, conclúen.

0.1890242099762