O PSOE do Incio insta ao Concello a solicitar axudas que melloren os elementos turísticos do municipio

SarriaXa
El PSOE de O Incio insta al ayuntamiento a solicitar diversas ayudas que promocionen el turismo del municipio.
mamut incio
17 Feb 2022

A iluminación das réplicas xigantes dos mamuts do Incio son un gran reclamo turístico, por iso, o PSOE do Incio propón ao Concello a solicitude da axuda a Xencia de Turismo de Galicia co fin de iluminar estas dúas figuras e darlle máis valor.

Estas esculturas atópanse na Ruta do Mamut e dos Castros preto da estrada Lu-641.

A solicitude destas axudas poden cubrir ata 30.000 euros de proxectos que melloren infraestruturas turísticas. Estre as posibles melloras destacan a iluminación destas figuras, instalación de paneis explicativos nos bens do Concello ou a sinalización das igrexas do municipio.

Isto suporía poñer a disposición dos visitantes e turistas máis información sobre os bens que poden pasar inadvertidos polos mesmos outorgándolles así o valor que realmente teñen. Por outra banda, as igrexas de Santa María de Goó, San Salvador do Mao e San Cristovo da Cervela así como o templo de San Mamede de Vilasouto ou a capela medieval de San Roque na Cervela, estarían sinalizadas fomentando a súa localización e incrementando as súas visitas.

Os socialistas aproveitaron a súa intervención para instar ao Concello a solititar unha axuda que permita ocultar os contedores de lixo das inmediacións da igrexa de Santa Cruz do Incio xa que esta, foi declarada, recentemente Ben de Interese Cultural.

0.16795206069946