O punto limpo móbil de Paradela estará sen servizo unha semana

O punto limpo móbil instalarase cada semana nun lugar distinto para achegar o servizo a todas as parroquias de Paradela.
Concretamente, en maio estará sen servizo do 5 ao 11, e volverá a funcionar o día 12 en Vilaragunte, ata o 18. Do 19 ao 25 de maio situarase en Feasita e do 26 de maio ao 1 de xuño estará en Cortes.
Desde o Concello de Paradela explican que o obxectivo é dobre: "cumprir coas obrigas legais establecidas polas administracións competentes e traballar xuntos por unha Paradela máis limpa, sostible e eficiente".
No punto limpo poderán depositarse envases lixeiros e plásticos; roupa, calzado e complementos; lámpadas e fluorescentes; aceite de cociña usado; pequenos electrodomésticos; botes de pintura, sprays e aerosoles; e pilas.