O Rallye de San Froilán será os días 14, 15 e 16 de outubro

TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa
O Rallye de San Froilán volve na súa 44 edición os días 14, 15 e 16 de outubro nunha competición que reúne 134 equipos
Rally San Froilan portada
9 Oct 2022

O Rallye de San Froilán celebra a súa 44 edición os días 14, 15 e 16 de outubro cunha cifra de inscritos récord, 134 equipos anotados, o que supón a maior  participación nunha proba automobilística en Galiza no que vai de ano.

A ceremonia de saída do Rallly San Froilán celebrarase na praza Maior de Lugo o venres 14 a partir das 19.30, coa chegada dos coches ao fondo da praza dende o aparcadoiro do Auditorio Gustavo Freire, para continuar cara  ao parque de traballo situado no poligono de Outeiro de Rei.

O sábado disputarase a carreira, con cinco treitos a dobre pasada, polas estradas dos concellos de Outeiro de Rei, O Corgo, Mosteiro, Guntin, O  Páramo e Sarria, onde se situará o parque de reagrupamento para as últimas pasadas (Rúa Calvo Sotelo).

Esta edición consta dun percorrido total de 343,15 quilómetros, dos cales 115,70 quilómetros corresponden a 5 Treitos Cronometrados por estradas asfaltadas pechadas ó tráfico.

Os premios e trofeos que se entregarán serán aos 6 primeiros da xeral, piloto e copiloto, sendo 1.800 euros o agasallo para os primeiros, 1.350 para os segundos, 1.000 para os terceiros, 750 euros para os cuartos, 600 para os quintos e 500 euros para os sextos.

Os primeiros de cada agrupación levarán 250 euros, 130 e 100 euros respectivamente.

Rally San Froilan

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.22671699523926