O Ranking Galego de Pitch & Putt celebrado en Sarria foi todo un éxito

O Club de Golf El Pilar - Sarria acolleu a primeira cita do Ranking Galego de Pitch & Putt da Federación Galega de Golf, reunindo a 110 xogadores de toda Galicia, nun éxito de participación que puxo de manifesto o interese crecente pola modalidade.
O Ranking Galego é a competición anual organizada pola federación co obxectivo de definir os membros da selección galega. Cada proba disputa nun campo distinto da comunidade, comezando en Sarria e continuando próximamente en Río Cabe, Barbanza, Compostela, Torre de Hércules e Paderne.
Nesta primeira etapa, o mellor clasificado foi Antón Pérez, que rematou cun resultado de -6 (6 baixo par), seguido de Simón Gómez, que alcanzou o segundo posto con -3 (3 baixo par). Na categoría handicap, o primeiro lugar correspondéulle a Marc Montero con -5 (5 baixo par) e o segundo a Amador Labandeira con -4 (4 baixo par). O mellor xogador local foi Javier Melle, que rematou no posto 12 cunha marca de +1 (1 sobre par).