O Reanimation Fest Vol.3 acollerá os concertos de tres grupos de rock este sábado

SarriaXa
O Buril organiza para este sábado, 9 de setembro, a primeira edición do Reanimation fest Vol.
parte_do buril con convidado
8 sep 2023

O Buril organiza para este sábado, 9 de setembro, a primeira edición do Reanimation fest Vol.3 en Sarria, no que actuarán tres grupos de A Coruña: Sin City Devils, Padre Karras e Cloaka.

Estes grupos de Punk-Rock porán a súa música a vibrar ás persoas asistentes a partir das 22.00 horas, que terán que pagar unha entrada de 10 euros para apoiar as bandas participantes.

Desde a organización do festival aseguran que a organización deste festival foi sinxela  e que o maior mérito téñeno as tres formación que “veñen facer desfrutar a xente da música e para nós é todo un detalle ternos en conta e vir tocar ao local social do Buril”.

0.11642408370972