O recinto gandeiro de Paradela acollerá o vindeiro 30 de novembro unha quedada benéfica
SarriaXa
Coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais de Paradela e o Concello de Paradela, haberá diferentes probas para vehículos de 11.00 a 20.00 horas
21 Nov 2024
O recinto gandeiro de Paradela acollerá o vindeiro 30 de novembro unha quedada benéfica conxunta de diversos colectivos relacionados co motor.
Desta maneira, coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais de Paradela e o Concello de Paradela, haberá diferentes probas para vehículos de 11.00 a 20.00 horas.
Concretamente, as probas serán de escape diesel, de escape gasolina, de coche máis antigo, coche con máis kilómetros, coche con máis cv stock, con menos cv stock e de equipo musical.
As persoas que se acheguen a desfrutar desta quedada poderán levar produtos de hixiene e limpeza, ferramentas, xoguetes, comida para animais, lanternas… que será recadado para levar ás persoas afectadas pola DINA de Valencia.