O Rei Felipe VI visitou hoxe, 26 de abril, Sarria
Hoxe, martes 26 de abril, o rei Felipe VI chegou a Sarria para coñecer o cuartel da Garda Civil e o traballo que este corpo realiza en relación coa protección e seguridade no Camiño de Santiago, esta visita é coincidente coa celebración do Ano Santo.
Ademais das autoridades xa confirmadas o ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska, a directora da Garda Civil, María Gámez e, o director adxunto operativo, o tenente xeral Pablo Salas, sumáronse o delegado do Goberno, José Miñones, o vicepresidente primeiro da Xunta Alfonso Rueda, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e membros da corporación municipal encabezados polo alcalde, Claudio Garrido.
O monarca chegou a Sarria sobre as 11.00 horas en helicóptero aínda que a rúa Castelao permaneceu cortada dende ás 10.00 da mañá.
A visita ao cuartel da Garda Civil, onde traballan 20 axentes, serviu para explicar e visualizar a través dunha exposición as labores que realiza o corpo de seguridade en canto ao Camiño de Santiago.