O representante do PSOE no Páramo fai unha valoración dos primeiros 100 días de goberno local

SarriaXa
José Manuel Gayoso, representante do PSOE do Páramo, fai unha serie de reflexións sobre a política no Páramo despois de ter pasado os primeiros 100 días de goberno local, formado polo Partido Popular, e a oposición na Corporación Municipal, Contamos Galicia Sempre.
Jose Manuel Gayoso PSOE Páramo
18 Out 2023

José Manuel Gayoso, representante do PSOE do Páramo, fai unha serie de reflexións sobre a política no Páramo despois de ter pasado os primeiros 100 días de goberno local, formado polo Partido Popular, e a oposición na Corporación Municipal, Contamos Galicia Sempre.

Gayoso pregúntase que “para que nos vale ter dentro do Concello un partido que non ten representación en institucións superiores como a Xunta ou a Deputación? Xa que é complicado conseguir proxectos para mellorar a vida da veciñanza”.

Así, sostén que “sería mellor ter representación na Corporación dos dous partidos que quedaron fóra nas eleccións, PSOE e BNG, que están presentes no goberno da Deputación de Lugo”.

Ademais, explica que o goberno local “ampárase na Xunta de Galicia, pero ao estar en Santiago poucos saben os problemas e necesidades dun Concello pequeno como é O Páramo, e as partidas que compoñen o presuposto municipal veñen da Deputación, o que suporía unha inxección económica para o municipio”, explica.

Así, conclúe que “algo nos fallou no Páramo” e cre que nestes catro anos “ímolo sentir e notar”, a pesar de que desde o grupo socialista van “seguir traballando e aportando solucións para os veciños”, conclúe.

0.16794896125793