O Restaurante Río Loyo celebrou o seu 33º Campionato de Tute Río Loyo

O Restaurante Río Loyo acolleu este fin de semana a 33ª edición do seu tradicional Campionato de Tute Río Loyo, unha cita que volveu reunir a grandes afeccionados ao xogo de cartas.
Un total de 20 parellas participaron no torneo, destacando un ambiente de gran compañeirismo e diversión entre os asistentes.
Na clasificación final, a parella formada por Ferramenteiro e David alzáronse co primeiro posto, seguidos de Limeres e Gayoso, que quedaron en segundo lugar. A terceira posición foi para Armesto e Penela, mentres que Montes e Fernando remataron en cuarto posto.
Un dos aspectos que máis chamaron a atención nesta edición foi a presenza de Luis Outeiro, que con 92 anos de idade segue sendo un habitual en cada unha das citas do campionato. A súa participación foi destacada pola organización, que subliñou a súa fidelidade ao evento ao longo dos anos.
Este evento, que se celebra cada ano no Restaurante Río Loyo, xa se consolidou como unha das citas máis esperadas para os afeccionados ao tute da zona. A organización destacou o gran ambiente vivido ao longo da xornada e fixo un chamamento para seguir mantendo viva esta tradición.