O rexedor de Sarria propón trasladar o expediente sobre o matadoiro á Fiscalía e ao Tribunal de Contas

SarriaXa
O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, propón trasladar o expediente sobre o matadoiro municipal no que se detectou unha contía económica pendente de ingreso de máis de 200.
matadoiro Sarria
28 Nov 2023

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, propón trasladar o expediente sobre o matadoiro municipal no que se detectou unha contía económica pendente de ingreso de máis de 200.000 euros desde comezos de 2019 á Fiscalía e ao Tribunal de Contas.

Así, esta proposta falarase na reunión que terá lugar hoxe ás 20.00 horas na comisión de investigación sobre as contas do matadoiro, na que estarán presentes os partidos con representación no Concello de Sarria.

Desta maneira, na reunión exporanse as últimas actuacións realizadas con respecto a este desfase económico, das que dará conta a tesoureira do Concello, que se corresponden co envío de 113 requerimentos a particulares que fixeron uso do matadoiro en 2019. Porén, das 28 contestacións, todos dixeron que pagaron.

Con todo, Intervención xa advertirá no pasado sobre “anomalías” no sistema de cobros do matadoiro, que se remonta ao ano 1993, sostén Garrido.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15534496307373