O Ribela Love and Nature conta co apoio da Xunta de Galicia

SarriaXa
A Xunta de Galicia apoia a segunda edición do festival Ribela Love and Nature, organizado pola asociación cultural Ribela, que preside Marcos Veiga, e que durante dous días acolle en Sarria música, gastronomía e sustentabilidade.
RibelaFestSarria
19 Ago 2023

A Xunta de Galicia apoia a segunda edición do festival Ribela Love and Nature, organizado pola asociación cultural Ribela, que preside Marcos Veiga, e que durante dous días acolle en Sarria música, gastronomía e sustentabilidade.

O evento, dedicado á música urbana e electrónica, contará con dous escenarios, espazos gastronómicos e de xogos, e unha zona de camping. Actuarán en total 16 grupos e artistas, mesturando o talento local e figuras consolidadas do panorama internacional.

Durante un encontro cos organizadores, a secretaria territorial da Delegación da Xunta en Lugo, Marta Barreiro, gabou o esforzo de organización e destacou o éxito de convocatoria da cita, que xa esgotou os bonos de promoción que se puxeron á venda.

0.19006681442261