O Ribela Love Nature pecha o seu festival de música electrónica cun bo sabor de boca

SarriaXa
Desde a organización sosteñen que a arte dixital "foi un gran complemento, xa que moitos dos espectadores pasaron horas contemplando as proxeccións"
Ribela-Love-Nature-2024
Público durante o Festival Ribela Love Nature, imaxe cedida por Laura Pérez
31 Jul 2024

Esta pasada fin de semana celebrouse na vila sarriá o Festival Ribela Love Nature, un evento que “saíu moi ben, xa que no apartado musical foi espectacular e no apartado de arte dixital foi un gran complemento, moitos dos espectadores pasaron horas contemplando as proxeccións, cousa que incluso nos sorprendeu gratamente”, explican desde a organización do evento.

Durante a xornada do sábado e do domingo actuaron Alicia Carrera, Bawrut, Cemento Musgo, Certain People, Eduardo de la Calle, Identified Patient, John Axiom Live Band, Jor Ginho, Promising / Youngster, R0b0t City, Scandinavian Star & oqbqbo, Sutan e Violet.

Ademais, destacan a gran participación do público, do que “máis do 50 % das entradas vendidas foron de fóra da comunidade, o que é unha alegría e unha esperanza para o proxecto”, valoran.

Así, poñen de manifesto “o respecto dos asistentes, a súa implicación coa campaña de sostibilidade e respecto o medio ambiente” e quixeron agradecer tamén tanto a patrocinadores como o vecindario, por apoiar a idea.

“Intentamos adiantar horarios de actuación e cambiar a localización do escenario co fin de diminuír as molestias que se poden xerar nun evento destas características, e creo que foi positivo”, conclúen.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16207098960876