O Ribela Love Nature de Sarria amplía o seu cartel con novas confirmacións de alto nivel

SarriaXa
Tras anunciar nomes de peso como Architectural, Croatian Amor, Identified Patient e Roni, a organización vén de revelar novas incorporacións
Ribela-Love-Nature-2024
19 May 2025

O festival Ribela Love Nature, que se celebrará os vindeiros 22 e 23 de agosto en Sarria, continúa perfilando unha programación que promete converter este enclave natural nun auténtico refuxio sonoro para as amantes da música electrónica máis vangardista.

Tras anunciar nomes de peso como Architectural, Croatian Amor, Identified Patient e Roni, a organización vén de revelar novas incorporacións que reforzan a potencia artística desta edición.

Aiken, Alba Franch, Jasss e Pangaea súmanse ao cartel, achegando diversidade estilística e unha proposta sonora que combina contundencia, exploración e sensibilidade en clave electrónica.

Con estas novas confirmacións, o Ribela Love Nature consolida a súa aposta pola calidade e pola experiencia inmersiva nun contorno natural, onde a música e a conexión co medio conviven en harmonía.

O festival, que en pouco tempo conseguiu posicionarse como unha cita de referencia en Galicia, promete dous días de paisaxes sonoras envolventes, ritmos hipnóticos e unha atmosfera que transcende o convencional.

⚙ Configurar cookies
0.10649585723877