O río Neira acollerá unha nova edición das xornadas de piragüismo este agosto

SarriaXa
A actividade está organizada pola Asociación Cultural Val de Láncara que promete combinar deporte, natureza e diversión
val-lancara-piragüismo
13 Aug 2025

O mes de agosto chega cunha proposta refrescante para veciños e visitantes da comarca: o piragüismo polo río Neira, unha actividade organizada pola Asociación Cultural Val de Láncara que promete combinar deporte, natureza e diversión.

A iniciativa desenvolverase durante todo o mes, con tres turnos diarios para grupos reducidos de 8 ou 10 persoas: de 16:30 a 17:30, de 17:30 a 18:30 e de 18:30 a 19:30 horas.

O prezo semanal será de 10 euros para socios e 15 euros para non socios. Para quen prefira unha experiencia puntual, ofrécese a posibilidade de asistir en días soltos cun custo único de 5 euros por persoa, sen diferenza entre socios e non socios.

A organización lembra que as prazas son limitadas e recoméndase reservar con antelación. Para máis información ou inscricións, pódese chamar ao teléfono 691 175 650.

⚙ Configurar cookies
0.16385102272034