O San Xoán de Sarria contará con orquestras de gran renome no seu programa

SarriaXa
Orquestas de gran renombre serán el mayor atractivo del programa de las fiestas patronales de Sarria el San Juan.
grupo sarria san xoan
11 Apr 2022

Despois de confirmar o novo emprazamento que terán as festas patronais de Sarria, o San Xoán, fíxose público o programa desta festividade que terá como grandes protagonistas as orquestras de gran renome.

Ademais das orquestras, haberá actuacións do grupo de música folk Eoas e outras formacións e bandas locais, xa que Sarria conta con numerosas agrupacións de gran calidade.

As festas terán lugar os días 23 e 27 de xuño. Sendo o luns 27 o festivo local.

O novo emprazamento, a Rúa Castelao permitirá usar o campo de rugby que conta cunha maior capacidade, podendo albergar a máis xente nun espazo máis amplo. Esta nova localización da resposta as demandas de seguridade cidadá, xa que deste xeito, o acceso a centro de saúde permanecerá libre evitando os obstáculos aos vehículos de emerxencia. Ademais, esta nova localización permitirá concentrar todos os elementos da festa nun mesmo lugar, as barracas, as orquestras e os postos ambulantes.

Desta forma, as actuacións principais terán lugar no campo de rugby, xa que as súas dimensións permiten a instalación de grandes escenarios ou palcos acollendo, ao mesmo tempo, a maior número de persoas no público.

A orquestra Enigma abrirá as actuacións musicais o día 23, esta orquestra con orixes sarriás deixará paso, o 24 a Olympus e New York, o 25 será a quenda de Los Satélites, o 26 Panorama e Los Players amenizarán a cita mentres que o 27 pecharase co Combo Dominicano. Geni Valcárcel afirmou que nesta cita falta a París de Noia debido a que os veciños puideron desfrutar desta orquestra o pasado mes de setembro.

A tradicional fogueira terá lugar no campo da feira e estará amenizada pola agrupación folk Eoas. Ademais, nese día ofrecerase queimada e estase a preparar algún espectáculo relacionado co lume.

A recuperación desta celebración supón a volta á normalidade tras dous anos de festas a medio gas. Estase a covnertir así na primeira gran celebración que organiza o goberno actual dende que chegou ao poder o pasado 2019.

A concelleira anima aos cidadáns a achegarse a Sarria que ademais forma parte do Camiño de Santiago e é unha oportunidade para coñecer a vila.

PROGRAMA

  • Día 23: Terá lugar o pregón, a continuación serán as actuacións de grupos locais. Mentres, no campo da feira a festa será amenizada polo grupo Eoas e no campo de rugby estará a orquestra Enigma.
  • Día 24: Este día haberá misa e procesión. A banda de Sarria dará un concerto e pola noite as orquestras Olympus e New York.
  • Día 25: Grupos locais e a orquestra Los Satélites amenizarán o día.
  • Día 26: As actuacións musicais correrán a cargo de La Panorama e Los Players.
  • Día 27: O Combo Dominicano despedirá as festas patronais.
    Durante todos os días as charangas e grupos folclóricos pasearán e tocarán polas rúas da vila.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15064001083374