O Sarria Blues no Camiño presenta o seu cartel coas datas nas que terán lugar os concertos e actividades
O evento Sarria Blues no Camiño, que terá lugar do 3 ao 6 de agosto, incluirá diferentes actividades, ademais dos distintos concertos, que presentaron no seu cartel definitivo.
Así, o primeiro día do Festival de Músicas afroamericanas, "un cruceiro no crossroads", como o definen dese a organización; terá lugar a inauguración do documental 'Hondarriba Croosroad. Una historia del blues en España'. Ademais, ese día actuarán The Pipers Blues Band, Lust 'N' Found e The Hoodoo Doctors.
Xa o venres, 4 de agosto, Blues a Maiores presentará o seu libro 'Al compás del Vudú' e actuarán Lust 'N' Found & Ma Lonesome e Sister Marion. Ademais, pola noite haberá unha cea baile en colaboración coa Asociación A Verbena, na que actuarán Taninos Maduros, Los Naipes e El Pavoni & The Moonshine Tones.
Con respecto ao sábado, 5 de agosto, haberá en Sarria un pasarrúas popular e logo terán lugar as actuacións musicais de The Dixie Blinders, Índigo Blues e Gisele Jackson & The Shu Shu’s.
Por último, o domingo 6 de agosto presentarase a Revista Macheta da Asociación Huhú e celebraranse os concertos The Hoodoo Doctors e Lust 'N' Found para despedir a xornada coa Jam Sessión.